FANDOM


Esta páxina explica como engadir páxinas a este wiki. Terías que ler esta páxina primeiro, e só recorrer aos administradores ou outros usuarios, se aínda non entendes como agregar páxinas.

Como funciona o noso wiki? Edit

Cando estás a navegar no noso wiki, como agora, as páxinas mostraranse no teu idioma, que elixiches en Special:Preferences. Se estás a ler esta páxina, polo xeral significa que o teu idioma é galego ou un dos idiomas que non traducimos aínda. Se te atopas cunha páxina en inglés no wiki, que significa que aínda non foi traducida ao teu idioma.

Tamén pode ser posible que terminaches directamente nunha subpágina dunha páxina no noso wiki, por exemplo Add/en, e neste caso sempre se mostrará nun só idioma. Estas subpáginas son de feito as que che farán ver un idioma cando navegues polas nosas páxinas. A páxina basee contén un modelo que suma bandeiras na parte superior, e un anaco de código coa subpágina que necesitas ler.

Debido a isto, todo o texto da páxina atópase en subpáginas. Estas subpáginas necesitan seren creadas e editadas, antes de poder velas no teu propio idioma. Esta páxina explica como facelo: leo coidadosamente, e se aínda tes preguntas despois disto, es libre de preguntar a un dos administradores.

Nota: este sistema é usado para namespace:0. Categorías, blogs e mensaxes de MediaWiki funcionan de forma diferente; podes velo na parte inferior desta páxina.

Pasos para engadir unha páxinaEdit

  1. Crea a páxina no lugar adecuado (xeralmente nunha subpágina).
  2. Traduce a páxina en inglés ao teu idioma na nova páxina creada.
  3. Pregunta a un administrador para engadir a páxina ao espazo MediaWiki.
  4. Engade a bandeira do teu idioma á páxina.

Paso 1: Crear Edit

O primeiro paso é crear a páxina no teu propio idioma. Podes facelo engadindo o prefixo do teu idioma (por exemplo gl. ou pt.) e anexalo, en minúsculas, ao final da URL. Para caso: para traducir Babel de inglés a galego, necesitas ir a Babel/gl.

Para crear esta páxina, podes facer clic en Crear (botón na parte superior da páxina). Unha vez estás a editar, podes copiar o contido de (nome da páxina)/en á túa páxina nova, verificando que estás a utilizar a mesma codificación e formato.

Paso 2: Traducir Edit

Agora que tes a páxina correcta, podes empezar traducir o contido. Isto é máis probablemente a parte máis fácil (xusto substitúes calquera texto inglés, coa excepción de nomes de páxina) polo texto do idioma desexado. Mesmo se traduces só a metade, non é ningún problema e outros poden facer o resto despois de ti.

Paso 3: Petición de MW Edit

Cando publicaches a páxina, un administrador necesitará engadir o teu idioma no espazo MediaWiki para que funcione. Só tes que enlazar a páxina que creaches no muro de mensaxes dun administrador e pedirlle que anada o teu idioma. Normalmente, o administrador responderá dentro dun día (24h).

Paso 4: Bandeiras Edit

Mentres esperas unha resposta, podes volver á páxina principal da túa tradución. Utilizando {{Flagnav}}, edita a páxina principal e engade o teu idioma. Por exemplo, se desexas engadir GL e PT, farías:

{{Flag-nav
|en
|gl
|pt
}}

Para unha documentación completa, por favor visita este modelo. Se o teu idioma non está na lista, por favor contacta cun administrador.

Excepcións Edit

  • Os blogs seguen outro formato: User blog:Yatalu/Blog calquera tería que ser traducido en User blog:Yatalu/Blog calquera/xx. Ademais só os administradores e o escritor do blog poden engadir un idioma a este blog.
  • Traducións para mensaxes MediaWiki: mensaxes (por exemplo MediaWiki:Wiki-navigation-int) terían que ser traducidos directamente no muro de mensaxes dun administrador, ou na páxina de discusión da páxina MediaWiki.

Preguntas Edit

Tes algunha pregunta? Non entendes como funciona? Sempre podes pedir unha explicación máis detallada aos nosos usuarios en galego aquí ou aos administradores.

Ad blocker interference detected!


Wikia is a free-to-use site that makes money from advertising. We have a modified experience for viewers using ad blockers

Wikia is not accessible if you’ve made further modifications. Remove the custom ad blocker rule(s) and the page will load as expected.