FANDOM


A continuación están as preguntas máis frecuentes, preguntas que se nos pide moito, polo xeral (pero non sempre!) polos visitantes ou novos membros. As preguntas ordénanse por temas, de modo que se poderán vincular a unha determinada sección da páxina.

Se tes unha pregunta que non está nesta lista, non dubides en preguntar aos nosos membros nunha publicación en Portal:Galego, ou individualmente publicando unha mensaxe no muro dun usuario. Engadirase aquí cando sexa unha pregunta común, polo que non poñas as túas propias preguntas aquí.

Sobre a WLB Edit

Que é a Brigada de Idiomas da Wikia?
A Brigada de Idiomas da Wikia (WLB) é un proxecto no que os usuarios de toda a Wikia (“brigadistas”) voluntariamente axudan a outros usuarios e wikis con traducións e correccións. É divertido, de colaboración, e axuda tanto en wikis en inglés e noutras linguas! Podes ler máis información sobre a WLB aquí.
Que son os brigadistas? Por que se chaman así?
Brigadistas son membros da Brigada de Idiomas da Wikia (WLB) e refírese a ser “membro dunha brigada”. Outros idiomas poden desviarse deste termo. Podes ver a terminoloxía WLB para as traducións desta palabra noutros idiomas.

Converterse en membro Edit

Podo inscribirme na WLB? Hai algún requisito?
Calquera persoa que teña unha conta da Wikia pode unirse! Non existen requisitos reais. Es un “brigadista” (membro da WLB) axiña que como puxeses o teu nome e información en a lista de usuarios dun dos nosos idiomas. Podes editar o noso wiki e axudar, pero isto fará que sexa máis fácil para que nos comuniquemos contigo tamén.
Como podo ser membro?
Cada idioma ten a súa propia lista de usuarios: inglés, galego e moitos máis idiomas. Para participar, só tes que pór o teu nome, nivel de idioma e dispoñibilidade na(s) lista(s) de idioma(s) que falas. Unha guía paso a paso pódese atopar na páxina Join.
Teño que saber máis dun idioma?
Bilingüismo e multilingüismo é loxicamente un punto positivo na WLB, pero non é necesario. Se es monolingüe, podes axudar a facer suxestións e melloras ás páxinas existentes. O que facemos non só son traducións, senón tamén correccións. Para comprobar a gramática e a ortografía dunha páxina, só tes que saber un idioma de todos os xeitos.
Que é este sistema “Babel”? Cal é o meu nivel “Babel”?
Babel é colleito do sistema Babel da Wikipedia, que moitos dos usuarios do wiki saben. É unha forma útil para definir consistentemente o nivel de competencia lingüística dun usuario. Podes ir a Babel para saber o teu. Pon a verdade, aínda que non queiras decepcionar ou sorprender aos usuarios mediante a indicación dun nivel demasiado alto ou demasiado baixo.
Non atopo o meu idioma aquí! Que fago?
Se non ves o teu idioma en Category:Brigadiers, non significa que non tes permiso para unirche. Só quere dicir que ninguén se uniu aínda, ou que non puidemos conseguir ningunha tradución confiable para crear a páxina. Só contacta con Yatalu e ela darache as palabras e frases que necesitamos traducir.

Solicitudes de tradución/corrección Edit

Necesito algo traducido ou revisado. Onde vou?
Para traducións, tes que ir aquí. Para correccións, ve aquí. As instrucións sobre como facer unha solicitude pódense atopar na parte superior destas páxinas. As regras serven para ambas as páxinas. Se tes preguntas ou dúbidas, non dubides en preguntar a outro usuario.
Onde podo atopar o que podo traducir ou corrixir?
Ademais que en Translate:Requests ou Correct:Requests, o teu portal é o lugar onde podes atopar o que podes facer en galego. Móstranse todas as solicitudes activas no teu idioma, pero tamén enumera todas as páxinas neste wiki, algunhas das cales aínda poden necesitar ser traducidas ou revisadas por erros.

Chat Edit

Teño permiso para falar o meu idioma nativo no chat?
Os nosos moderadores non poden falar todas as linguas que existen. Entón é difícil responder só con “si” ou “non” a esa cuestión. Unha importante regra: tes que falar un idioma que a maioría da xente no chat entendan. Se non sabes se cho van entender, é sempre recomendable preguntar primeiro.
Por que todo o mundo no chat ten unha bandeira xunto ao seu nome?
Cada membro da WLB pode ter unha bandeira en miniatura do país en que viven, ou o idioma que falan de forma nativa. Podes solicitar unha bandeira a un administrador ou publicar unha mensaxe en esta páxina. Non te esquezas de mencionar a bandeira que desexes.
Por que hai un mapa xigante no fondo do chat?
A WLB quere cubrir todas as linguas de todo o mundo. Por tanto, o noso chat estará nunha cor diferente e cun mapa diferente no fondo cada dous meses. Isto segue todo o deseño da wiki, así: o fondo wiki será un lugar nun continente que se ve o mapa no chat.

Outras preguntas Edit

Eh? Este wiki vese diferente desde a última vez que estiven nel?
Posible! O wiki cambia nun tema de “continente” diferente cada dous meses: xaneiro-febreiro é Asia/lila, marzo-abril é Australia/azul, maio-xuño é Europa/verde, xullo-agosto é África/amarelo, setembro-outubro é América do Sur/laranxa, e novembro-decembro é América do Norte/vermello.
O meu idioma non ten un administrador ou moderador. Podo ser un?
O teu idioma ten poucos falantes ou che uniches recentemente? Entón a resposta é definitivamente non. Pero mesmo se es un membro de longo prazo, polo xeral non necesitamos administradores ou moderadores adicionais. Yatalu e Jr Mime escollerán de forma espontánea a alguén cando eles pensen que el/ela é un candidato adecuado para un idioma que necesita apoio.

Ad blocker interference detected!


Wikia is a free-to-use site that makes money from advertising. We have a modified experience for viewers using ad blockers

Wikia is not accessible if you’ve made further modifications. Remove the custom ad blocker rule(s) and the page will load as expected.