Language Brigade Wiki
Advertisement
WLB 020

Queres saber que é a Brigada de Idiomas da Wikia? Estás no sitio correcto! Aquí, poderasche informar sobre o que somos e sobre a nosa historia, así como que facemos e en que nos podes axudar.

Información[]

Sobre o nome[]

O nome, Wikia Language Brigade (Brigada de Idiomas da Wikia), foi inventado por Albugineous e confórmase de tres partes:

  • Wikia – traballamos en Wikia: no noso wiki e no teu wiki, en calquera wiki que necesite axuda.
  • Language – traducimos e revisamos en todos os idiomas existentes.
  • Brigade – somos unha brigada, un equipo: moitas mans fan o traballo máis fácil, e os nosos compañeiros obterán vantaxes.

Iso quere dicir que somos un equipo de xente que traballa na Wikia para axudar a traducir/corrixir calquera idioma para mellorar as comunidades da Wikia.

Por outra banda, tamén é un proxecto voluntario dos nosos brigadistas (membros do proxecto), que traducen e corrixen cousas por solicitudes para outros usuarios ou wikis. Dado que isto é un wiki, tamén é un proxecto de colaboración: podemos traballar xuntos en grandes traducións e corrixir os erros doutros.

Pequena historia[]

OUR STORY.

Yatalu, que posúe unha afección (esaxerada?) polos wikis doutros idiomas, tivo a idea de iniciar un proxecto de tradución na Wikia a finais da primavera do 2013. Comezou traballando nos modelos WLB nunha páxina externa o 4 de xullo e trasladounas a Community Central. Semanas despois, decenas de persoas uníronse á WLB, e o wiki foi fundado.

Grazas aos blogs e outras promocións, o número de persoas que se incorporaron foi alta, con 8 membros máis en só 24 horas. A medida que o proxecto chegou aos 10 membros o día seguinte, o wiki da Brigada de Idiomas tamén se fundou o 7 de xullo como un lugar para as normas e supervisar o proxecto. Fixéronse promocións a través de chats e blogs, e o crecemento continuou aínda máis.

No último trimestre do 2013, a WLB chegou aos 100 “brigadistas” con falantes nativos nuns 25 idiomas. Membros da WLB e voluntarios axudaron a facer un blog en ruso (Ivaristal), alemán (TheMaven), catalán (Piece enrik), chino (SammyLau), polaco (Pio387) e italiano (TheMaster001).

Agora a Brigada de Idiomas da Wikia cumpriu un ano, o 5 de xullo do 2014, o proxecto cobre máis de 43 idiomas e ten máis de 150 membros. Ao redor deste mesmo tempo, o wiki converteuse nun wiki destacado na comunidade central alemá (2 de maio), recibiu un lugar na páxina principal da comunidade central española (9 de xullo) e recibiu un Spotlight para toda a comunidade en inglés.

Cousas para facer[]

Solicitando[]

REQUESTS

Podes solicitar traducións e correccións de idiomas. As regras para as dúas cousas atópanse en Language Brigade Wiki:Request policy. As traducións e as correccións poden pedirse xa sexa en forma individual ou nas páxinas de solicitude. Tes que ler as instrucións e facer click no botón para crear unha nova solicitude. É fácil!

Tamén é posible que un idioma teña poucos brigadistas, que o podes comprobar en Category:Brigadiers. Se este é o caso, poida que prefiras pedir ao tradutor ou tradutores de forma individual no seu mural de mensaxes.

Uníndoche[]

JOIN US!
Wikia-Visualization-Main

Podemos sempre ter máis membros! Podes unirche nuns sinxelos pasos:

  1. Busca o teu idioma en Category:Brigadiers
  2. Pon o teu nome e a información nesta páxina.
    • Instrucións máis detalladas aquí: Join.
    • Atopa o teu dominio dos teus idiomas aquí: Babel.
  3. Fai o anterior para cada idioma que saibas.
  4. Se queres, coloca unha dos nosos modelos no teu perfil.
  5. Comproba regularmente se hai novas solicitudes!

E evita este erro común: non necesitas falar varios idiomas para unirche. Bilingüismo ou multilingüismo é apreciado, pero es libre de unirche se só falas un idioma para facer solicitudes de corrección ou páxinas deste wiki, axudar co código ou outras cousas, ou simplemente falar cos usuarios aquí.

Traducindo/Corrixindo[]

Cando traduzas ou corrixas, lembra que a fluidez que teñas co idioma ten que ser a mellor posible: mentres mellor traduzas/corrixas, mellor será a comunidade que axudes. O bo traballo non só ponche nunha posición máis alta aquí, senón que tamén na comunidade onde axudaches. O(s) wiki(s) que representas, a WLB, e a mesma Wikia a nivel global. Podes pensar de maneira moi idealista, pero moitos grans de area fan unha praia, non?

Algúns consellos para unha boa tradución:

  • Non aceptes peticións que non queiras: outros poden estar mais motivados para esforzarse cunha boa tradución.
  • A gramática e o contido son máis importantes que traducións literais.
  • Con nivel intermedio, é mellor separar as frases.
  • Se non estas familiarizado co tema, pregúntalle ao solicitante sobre palabras das que non esteas seguro.

As solicitudes de tradución pódense atopar en Translate:Requests, e as solicitudes de corrección en Correct:Requests. Se queres filtrar só as solicitudes en galego, tes que ir a Portal:Galego. Boa sorte!

Revisando[]

THANK YOU.

Talvez queiras pór a túa opinión sobre o proxecto ou sobre a realización dunha tradución individual, xa sexa que esteas satisfeito cos resultados ou non, na páxina de testemuños.

As regras para a revisión que se poden atopar en Project:Review policy son bastante lóxicas: menciona o que estás a revisar, explica as túas opinións positivas/negativas, firma co teu nome de usuario. Con todo, nunca está de máis ler estas regras para estar seguro.

Recrutando[]

Queres facer que a xente saiba do noso proxecto? Sénteche libre de facelo! Sempre queremos novos membros, pero tamén nos gustan as peticións extras (sen nada que facer, volveriámosnos perezosos).

Preguntas[]

Aínda tes algunha pregunta sobre o noso proxecto que esta páxina non responde? Tes algunhas opcións:

Espero que isto che axude e goza do teu tempo aquí :)

Advertisement